Como diría Aristóteles, referenciado
por Alvaro Fernandez, toleanme todos
estos tolos. Outros tolos non se mostran, as razón son diversas: unha xa había avisado
que non participaría ao debater; un vai a Barcelona para prestar contas ao seu
financiador; outro está estresado no hospital; outra, escorrediza coma as angulas no antigo rio Madriñan, di que non
se mostra por problemas persoais.
Con tantos problemas, que non lles
permiten discutir asuntos da vila en un momento que todo debe ser discutido,
parece moito difícil que lles reste tempo para discutilos nos momentos en que
apoderados da vila sexan autoridades impositivas.
Non significa que os debatentes, que no
caso do debater de hoxe non debateran cousa alguma, mostraran a menor
conocimiento das dicultades e facilidades na administración de unha entidade
dotada con seis millons e permanece continuamente deficitaria por gastos que non
se explican.
Se queren facer o que din que van facer,
que o fagan por conta e riesgo propio. Para montar unha cuadra con unha cabra,
un cabrón e unha ducia de cabritiños mordendo toxos pelos montes non fai falla
ser alcalde; nin para un criadouro de caracois, nin para facer cousas prácticas
como é natural nos cachorros que paseian pelas ruas ou beber unha taza de viño
acompañada de cayos para non calar a boca os que somos tímidos da fala . Para
ser alcalde é necesario saber moito de alcaldía, moito de finanzas, moito de
direito, moito de problemas sociales, moito de todo e mais un monte de outro
tanto e non esquecer a bondade para, sin ser burro, ser honesto consigo mesmo e
con todas persoas da vila, evitando salir salir contando mentiras a diestro e
siniestro. Temo que vivimos tempos oscuros e o cambio ben devaneando
a pasaxen da noite para o dia en plena estación ártica do verán antártico.
Xa moito choveu. Xa non se collen
anguilas no rio Madriñan, nin se matan becerros na desembocadura do Toba. Na
fonte Fial xa non nacen hortigas, nin lampreas buscan casa nas rocas da Fenya.
Todo foi contaminado e a descontaminación fai parte do guión de un programa que
o nominado sabe que non podera realizalo, pois non entra no cabildo das suas
competencias. Como ben di Alvaro, con a candidez de quen sirve pinchos de jamón
ben curtido, ¡hay que ser realistas!
Na
cartucheira levamos sete balas mezcladas, todas sin chumbo; seis ten polvora
mollada e unha é de festin. No derradeiro vintecatro, trabucados co’a col da
dixestiva berza, apuntaremos c’o ollo mirando as sete listas. Listo o trabuco,
disparatamos o orgullo de botar alguen en algún lugar. Gritaremos ¡fogo! tantas veces como nos imponga o silencio da polvora mollada,
observando con rigor que cada lista apuntada é carta descartada; cesaremos a
cazada ao escoitar o trueno da bala de festin. Nese momento gritaremos ¡Viva el
Rey, somos realistas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario