jueves, 10 de junio de 2010

REBUZNANDO NA LEIRA

Din que a lonxura esquece, pero eu non comprendo tanta lamuria, pois sou eterno testigo de tan sutil suspiro. Dende un dos vértices do triangulo que separan as tres galegas entidades (Eu, Vostedes e Ele, o divino conde) discorremos con moita satisfación sobre asuntos que nos distraen do curriqueiro azar que asovalla os montes e fertiliza as leiras do noso embruxamento.
As palabras, meu conde, son reflexo do pensamento em um determinado momento, que non é necesario eternizalo (o momento) pois muda (a palabra) como o vento e, a cotio, sopla em calquer direción, dende o norte, oeste ou sur.
Decididamente, meu conde,  non lle fai ben esta viaxen ao entramado da civilización azteca. Pois a letra, que da corpo a alma do seu pensamento e exhala sua voz condensada em palabras, o traiciona, revelando a impudicia de alguns sentimentos. Antónimos como o fogo e a neve temperan o corazón galego e, como um xeroglifo da mixótica retórica, emerxen das profundezas do oceano pra fincarse no subúrbio de uma rocha roncuda. E na nevoa fronteriza, vixiada pólo rodaballo do plano celestino, lexión de mexillóns incrustados em pontas de lanza e as navallas enterradas na praia de Estorde,  colea a lamprea, simulando dar combate à voz dos mortais. Aqueles com dois corazóns como os sois de Fisterra no mes de maio, a iluminar a baía dos nerios dende a lobeira dos ártabros, saparanse como os pés ao andar pra atrás ou pra adiante, revelando como metade do corpo desexa odiarche mentras que a outra metada clama por che querer adorar. Do noxo brotan fúrias a rendirche templanzas con nabos da carballeira santa. Do desdén granizan raios infrutuosos de loucura niña a bordear as costas do pacífico mar. Volta e media devem dar pra pasar ao carón dos meus oios rubios no atlantico sur. Pero eso non importa non, pois o que mais dói é o silencio das gaivotas na lembranza dos meus idos de rapaz. Gaivotas que ao carón de um temporal voavan graciosas marcha atrás, imitando os cangrexos hoxe extintos na ria que virou plano urbano.
Tras a escala na cidade do Cortés fidalgo, como bo conde, planexa vostede uma andanza pólo rabo do que se lle figura, a modos de oxímoron, Q de América. Tome moito coidado, meu bo amigo conde, non vaia ser que como vermejo do reino da España o confundan com um badexo do val do porto e moito salado o vendan os aztecas como rabadilla da supina O (la cu sin rabo del alfabeto español).
A vulgaridade do bendicir tamén pode ser considerada maldade do mal falar, e na leria que rebuznan os minxitorios de tan tosca leira tamén cabocamos os excluídos do patrimonio hidalgo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario