jueves, 12 de abril de 2012

CHEIRO DO CONTO


Amigo conde, deixemolo o conto do xeito que se conta, sem lhe botar mais sal nem mais pimenta que aquela que lle puxo o autor da estória. Bueno, bueno, deixemolo é um falar para decir que non o vamos deixar, pois ao lhe botar o ollo acabamos fisgados polo autor e nel penamos  um bocado de esperanza em que nos faga pasar o tempo ocupando a maioria dos sentidiños e que estes non se distraiam em porqueiradas que son o que mais nos atraem, inda que nos queiramos evitalo polo império da nosa vontade.

Nom sou pescador, pero houbo um dia que fisguei a minha patroa e dende aquela eu bailo samba na palma da sua man. Non me censures pois cada um danza no ritmo do pandeiro que lhe toca ouvir, com asiento o sin asiento; entrementes, sempre co o devido acento da voz que ela queira cantar, e ela, para a miña felicidade, sempre declina sua fala em bom ton, com timbre esquisito, de idêntica frequência, fonética aguda e inequívoca ortodoxia.

Contesteme agora, meo bom samaritano conde, teño eu autoridade para mudalo conto? Em que capítulo devo facelo? Contrariar o credo do autor non significaria heresia da minha parte frente a suas ideas, conceitos e preconceitos? Eu, como heresiarca, non estaria ofrecendo campo a outras autoridades ortodoxas para proclamarme herexe? Ti bem o sabes que a heresia é doutrina contrariaria a verdade. Nos dous bem o sabemos que a verdade tamén é o espello perfeito da mentira, e cando as paginas son dobradas polo eixo que define a sua simetria, ambolosdous conceitos se encaixan num matrimonio perfeito, como os bolillos das rendeiras de Camariñas ou as badaladas de Bastabales, que cando as oio tocar penso que por min chamades e, agora que nin media vida eu teño, doiome de dor ferido polo tempo perdido cando vida enteira eu tiña.

Neste ameno paseo deixemolo o olfacto como cheiro da vida, esse inspirar profundo na busca do feromonio adecuado a unha existência digna, esta que este vuestro humilde servidor cree habela vivido com o sin a devida ortografia da gramática normatizada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario