miércoles, 11 de abril de 2012

COUTO DISTINTO


A leitura do amado conde de hoje repercute na minha lembranza reminiscências de um pasado que já tem um outro século e um outro milênio como propietarios testemunhais da ocurrencia.

Como sabemos todos eu, dende moito cedo salin ao mundo que había fora dos limites do pazo de coton, em cujas escalinatas eu brincaba ao meu antojo, fora do olhar vigilante do cuartel da garda civil, donde um andaluz polia o cano da sua carabina, mais por um gesto de pasar o tempo que póla necesidade de lle dar lustro ao tirabalas mortal. No outro extremo da vila, donde o pueblo desbocaba na grande avenida que une a cruña ao cabo fisterra, eu tinha vários amigos, nenos da mesma idade, mês mais mês menos. Logo que fun aprendendo a leer, comecei a prestar atención nos reclamos dos escaparates. Habia um que depertaba a minha curiosidade moito mais que outros, decia: piroctenia couto.

O diccionario foi artilugio a ingresar no eido da minha cultura pasado os dez anos. Daquela, facer perguntas non era doado, e as respostas tinhan que ser si ou non, como cristo nos ensenha. Na fervenza da minha cachola sempre havia unha cachoeira de perguntas e, na ausência do bom trato da  lingua, as respostas surgiam ao meu carón. PIRO TENIA Couto. E de ahí? Com o meu amigo Ares eu tivera unha cuestión resolvida cando eu me igualaba a fama de Manolete, el torero, afirmando que tamen a fame de moitos amigos meus era moito mais grande que a fame do toreiro español, que era fácil ver como bem vivia.

A propia experiência ensinoume que piro se chamaban as bombas de palenque e o fogueteo era producido por Couto que botaba na ponta de um cano um trozo de pólvora enrolada como um pitillo e, ao botarlle lume, chispeaba para salir rabeando, ata provocar um tremendo estrondo para emporcallar o céu azul e traer dor aos meus ouvidos.

Piro tenia Couto, era asi como eu pensaba que devia ser escrito. Non me atrevia a decir Piro tiña Couto porque esta sería a fala da aldea, e a miña cultura era orientada para falar diferente. Diferente do meu amigo Porrua, meus amigos de Brens e Ameijenda, os amigos de Fisterra, as nenas da Lagarteira, de Dumbria, Carnota, Muxia e Vimianzo.

Pirotecnia, seino agora, é unha técnica com finalidades artísticas inventada polos chinos, pero estas cousas ninguen as contaba daquela, pois daquela éramos um couto cerrado ao bom falar dos suevos, e decir pechado seria o mesmo que botar peito às normas de bom relacionamento coa cultura das carabinas e o rosário dos cregos.

Espallar o rego é algo tan generoso como esparcir manteiga no pan ou me deixar flutuado como  flutua a gaivota no AR, ao vai vem das correntes, algo diferente de arrancar as minhas penas  e esparcir as plumas co cañon de um aspersor, do mesmo xeito que se espallan as noticias nas ondiñas veñen e van no coto internet.

No hay comentarios:

Publicar un comentario