viernes, 6 de febrero de 2015

TEMPOS EN AGONÍA

Orientado pelo amigo Conde, andei na rabeira da Internet e encontrei no diario da liberdade, curiosamente descrito como portal anticapitalista da Galiza e os países lusofanos, o texto premiado no IV concurso  polo territorio de ADEGA.

 Arrecoño coa insurgencia nestes tempos do frio norte!

Non fago crítica, non; dígolovos tamen do xeito que se me antolla, no estilo críptico da escrita cuneiforme ou, para non descomplicar o dito,  nos moldes  daquela que aos bancos lle ocurre ser muy segura para arrebatar os nosos cartiños. Pola contra do tempo que me instiga a continuar na cama remoendo o sono para poder soñar mellor, namais empezar o dia, con pingos de chuva a tamborilar as tellas murchas do tellado que cubre a miña particular cova de boa e alta mira, agoriña mesmo, antes que lelo desperté e se antecipe ao meu cotiá labor de ciscar as parrochas ben apimentadas pelo padrón da nosa cultura, dou cabo do conto que a conde se le antoja rotozón y enredador.

O texto trisca coma e sen vírgula o facia o pan de cada dia,  forneado coa masa sobada ao sudor das miñas mans en auxilio ao esforzo que a miña nai facia para empurrar adiante os fillos, a esta altura correndo serio perigo de extición.
As cotovias do destino pian no” monte mesto de carballos e sobreiras, piñeiros e castaños, monte arriba, monte abaixo” Lavan as penas “à beira do rio”. A “espesura de salgueiros e freixos, abelairas e bidueiros” esconden as maguas. 

Cara onde vamos bogando no rio paspallán, emporcado con extrume químicamente modificado por elaborado trato dixestivo? Retornalo ao carreiriño indolente, abrillantado por ” regueiros de auga cantareira”  fría no verán e morna no inverno, clara e saborosa no seu sabor a fonte de vida, é tarefa que no presente continuo se amosa pertinente. Impertinentes son os “croios esbaradizos postos aquí e alí para ir saltitando sin espetarse na lama”, ben do xeito que o fazia Ali baba e os moitos amigos das corte e do curral.



No hay comentarios:

Publicar un comentario