miércoles, 7 de septiembre de 2011

SURTEADO

Daquela o meu conde era um neno. Eu tamen. Entrementes, a diferencia de catro ou cinco anos que permea os dous momentos en que ambolos dous viemos a este mundo-can era suficiente para que eu me considerase homen, guarda protector dos nenos, como de fato o fun dos meus irmans.

Tempos difíciles aqueles em que um pan non valia um peso e a masa fermentaba co calorciño do sudor que escarranchaba polos cotovelos, dende o carón do rosto ata os díxitos da man, esquerda ou direta, todos lameados con fariña de trigo da terra, mesturada com centeio e o millo que lle daba peso e un pouco de esperanza aos poucos felizardos que podían comelo pan nosso de cada domingo. Todo um hercúleo esforzo para que non nos deixasen caer em tentanción de desexar outras cousas que para nosa esperanza de futuro tan necesario o eran.
A miña nai tiña o gran espiritu que carateriza todas as rendeiras de Camariñas, observadoiras do ponto e contraponto, que espetan com animo, coraxen e a determinación de quen busca entrelazar os fios da vida para dar substancia aos feitos e estos, por si mesmos, se encarreguen de seguir o rego que as lagrimas do tempo rasgaran na rudeza da terra, áspera nos ábregos penedos da costa morta.

Andamos na debandada de um ciclo que eu sempre intuira cando  a forza do destino fazia virar o meu rosto cara o lado que as miñas nádegas vixian e algures torpedean cós gases da luxuria gástrica. O ciclo sempre trae a tona as imperícias da existência; fano pra deleite da imundice do mundo e o cascalleo da rocha dura que o bisbilloteo da língua nos fai mexiricar asuntos em devasia da nosa curiosidade. É imprudente navegar ao azar da búxula cortocircuitada durante a dixestión de fartos linguados. Os lulas metalurxicos non son propios da nosa liturxia partitocrática, que em allures semella democracia e pra os fenícios do cadafi non indican nenhuma nin ninjuna cousa, moitiño semre do lado contrario do que contra ele outros pensan.

Mira ti como vexo eu o marasmo dos fusiles e interruptores a marear a lei dos conductores aislados em circuito interno: cando a temperatura se eleva surxe unha forza adicional capaz de deformar a lámina bimetálica (roxa a parte social e azul turquesa o laminado nacionalista). Cando a deformación ultrapasa o limite permitido, recorrese à lei conservadora de Ohm para controlar o funcionamento do sistema, evitando que a intensidade da corrente non aperte hasta o infinito por nulidade da resistência dos elementos que compoñen a sucesión.

É por ahí que surxe, ao caron da interrupción e por terror que as sombras causan no causídico fatal, o novo ciclo que tanta esperanza en min despertou cando eu surteiche o rumo sur e agora tanta tristura otorga por causa do desnorteo cara ao norte do meu paraíso perdido.

1 comentario: