É a fama nacida da fome, que en galego dicimos fame.
Ten vostede, meu amigo Conde, o poder incendiário dunha chispa, capaz de ativar o gatillo do nervo que conduce chumbo ao músculo tamborileiro das mans digitosas. É necesario moita presión de auga pra abafar a quentura do fogo, é necesario botarlle bicarbonato ao extintor para afogar a fagulla.
Estamos a vivir a cultura dos certificados emitidos por corporacións que disfrutan da cólera –contida e non manifestada, nuns casos , expresa e aireada noutros – causada póla ausência de um papeliño que pode decir moita coisa, más tamén pode significar a expresión do nada.
Falaba vostede de um eletrecista a portar unha carteira ministerial. Não manifestava falla no aprovisionamento de saberes pra o exercício de unha atividade pra cal ainda non se desenrolou ciência capaz de descortinar a verdade que distingue o perfeito sábio do absoluto tolo ( I bien abenturada tu, que criste, porque se han-de cumprir las causas que de la parte de l Senhor te fúrun ditas (Eibangeilho de San Lucas – cap. I – em mirandés)
O tempo ao escorregar póla liña da vida faime entender o que non conseguín entender no nodo do tempo que xá pasou, inda que permea fixo, indeleble entre dous nervos da cachola
Durante os dous anos de repatrición, inspirada pólo dereitos e deberes da Constituición de 1978, coñecin os disabores de um especialista, titulada em filoloxia e moi capacitada nas suas labores de legislar e facer cumprir os seus propios mandamentos sobre as bases de um posto de trabalho, que eu desexaba fose compatible côa idade, títulos academicos e farta experiência comprobada. O meo amigo Olegario, sindicalista desde os tempos do frente de juventudes e chefe do INEM local, sen estudos filológicos nen calquer outro de calquer espécie previamente regulamentada, non conseguiria ser tan perfeito no desperfeito causado a miña persoa na condición de galego-español. Declino eiqui, para coñecimento xeral da comunidade, o nome da emérita e sabia filóloga galega: Pilar Martinez.
Agora, no relumbrar das luces em cores de multiuso, aparecen os críticos serôdios da titulitis tecnocrática a bradar que a intelexencia emocional, constructiva e integradora, non depende do parecer avassalador do tétrico formado em cultura inútil.
Ao meu carón teño a figura de um torneiro mecánico, especialidade por min coñecida e praticada como trampolín neceserario à finaciación de estúdios superiores, increiblemente desabilitados póla intelixencia filolóxica da xá referida galega, señora Pilar. Tratase do Presidente de unha nación xigante, homen de língua solta, pero moi moderada e eficaz, inteleixente no pensar e culto na transmision de ideas, tanto nos palácios da cultura ocidental quanto nas chavolas da cultura africana. Tratase de um homen de orixen humilde que será recordado con muito orgullo pólas xeracións que nos sucederán. É a gloriosa fama nacida da fome nordestina, que em galego chamamos fame.
No hay comentarios:
Publicar un comentario