martes, 11 de enero de 2011

SOÑO GALEGO

Manda Jorquera na galega!  Y este omo sapiens se di do bloco nacionalista galego. Sí, seguro, nacionalista do bloco do caramba! – para non repetir a frase expletiva do meu amigo Conde . Boa peza pra que manden alguns cabalos residir no concello que lles conveña e, póla conveniência de fora, resolvan influir con cartos e votos no descamiño dos nativos das vilas. Non precisamos salir da aldea pra saber que hai modelos na España en que os votantes non son españois. Con este artificio, alá, no extremo sur, os ingleses garanten o domínio eterno da língua inglesa sobre o peñón dos britanicos. En Ceuta e Melilla é o goberno de Madri quen segue o modelo inglês, e por ahí afora podemos seguir andando c’o perixil na lapela e murros nas costas, pois a puñeta cravada no peito moitas veces tírache pr’atrás.

Na Francia se escolle o presidente por sufrágio universal en eleción direta de dous turnos. O candidato pode ser calquer frances de orixen ou nacionalizado, desde que reúna mil firmas endosando a sua candidatura. Na Galícia so pode ser candidato non sei quen, desde que indicado por alguen que non sabemos quen é, nen o que pretende facer se a sua lista for homologada no referendum que din chamar de elección local. No nosso sistema, unha lista derrotada nas urnas, por calquer arte de maxia, ainda é capaz de se impor ao desejo maioritario dos votantes e consegue botar no trono do concello o menos desejado da vila. È eso que Jorquera quer evitar eliminado o voto dos galegos que un dia foran obligados a emigrar e non conseguen volver porque en Galicia alguns políticos roen-lle a alma?-  Non, claro que non! Ou si? Vaite saber...
No sistema brasileiro, todos os residentes no exterior, que manten seu doimicilio eleitoral en município brasileiro, son obligados a votar en todas as elecións, debendo, por tanto, xustificar suas ausencias ás urnas cuando estan fora do pais. O exercício democrático do direito ao voto é unha proba de todos os direitos e deberes da nacionalidade brasileira.
Na Galicia queren inventar a democracia imponible aos residentes para aplicar unha regia ditadura aos ausentes. Se contra a miña vontade un pequeno grupo de políticos, que coma Jorquera alhuma cousa entende de lixo, mais non ten vinculo calquer co meu município, negan a miña origen galega, só me resta embarcar en un foguete norteamericano e marchar de cara à lua pra ver se alá os galegos ainda temos o direito a soñar de cara pra nosa terra.
Buhubuh
É todo que eu quero
Buhubuh
É todo que eu preciso.
Buhubuh  
É o que eu teño
Buhubuh
é o que tí non podes dar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario