martes, 3 de agosto de 2010

COSTA DOS PERCEBES

Pois é. Grasas postas na coartada do século pasado, em que cuase todo de novo era fornecido póla man de obra establecida fora do seu entorno nacional, fixeron sobrar umas migallas  que, con uma pitada de sal a gosto de poucos, posibilitaran a lubrificación dos eixos da nosa economia e asin fumos construindo um estatutiño eiqui, um parlamentiño acolá, um radio um pouco mais meior, uma televisión pra substituir o vello espello meu - aquele que falaba que ninguém era mais bonito ca min.- e caseque deseguido uns mesmos apadriñados na forxa meseteira foran tomando conta da gobernación do estado endexamais democrático e nen sequer posuida de morro autonômico pra ser chamada republica da nasión democrática de Perceebes. E o entremado para devaneio triste dos nosos devanceiros, xá vellos coma ti, mais eu e mais uns poucos a purgar a alma na cola do estinto purgatório, foi posto para imaxinar como era bonito cando formoso era.
Cando um escoita alguen falar desde o parlamento da España, pensa que estamos a piques de ser tomados pólo espíritu de Bonaparte para em breve resolver todos os problemas insolúveis da man de um Xose Segundo, primeiro de Perceebes. Ignora o marcial imponente que a nosa comunidade era, porque xá foi, o fin do mundo, donde os peregrinos voaban comoi anxelicais alados, absortos no puro misticismo e embriagados no concepto metafísico de um pais cornado España, capital Madri e vírgula pra velar a cadencia eterna nas cotas de malestar como mal menor do bem supremo que endexamais algún soñaran, inda côa crisis ladrilleira pólo meio.
Mal ou pior todo vai bem. O sistema de valores etílicos, inda que cuberta de poderosas razons pra que non se beba como dantes se vivia, anda póla cuneta a mostrar a independência da milicia autonômica. O pitillo, que xá non é de hebra porque evoluímos pra sustâncias moito mais poderosas, está a oferecer o equilíbrio do báculo enxertado em madeira-polilla. A sanidade bem cuberta póla forza de mil impostos colea por bons edifícios para decirnos que estamos vivos, despois que nos pasamos por um malestar danado e a esperiencia nos conta que si non fora póla resistência do sistema endógeno o auxilio exóneno quedaria em nada. O ensino continua sendo local e moi mal pago com tributos da leria e do mar; eiqui um diploma universal e coisa para inglês ver. As necesidades básicas imolas tirando, pois dentro non quedan, principalmente si comes a sopa que che ofertan em Santiago.
En que quedamos? É ou non é um desatre o feito da municipalidade estar decomposta em múltiplas parroquias dependentes do centralismo dependente da diputación, dependente da autonomia, dependente do estado, dependente de uma pequeniña comunidade, Madrid, que se comunica com as orientacions de uma outra comunidade, Bruxelas, que xá foi e non quixo ser comunidade española.
Sacho, meu bo amigo, ti non atinas a labrar a terra en calquera das mans, sexa a esquerda ou te chamen de direita. Eiqui, em Percebes, somosche mais listos, levamos o sacho no pe para amaciar as costas do bicho.

No hay comentarios:

Publicar un comentario