martes, 12 de mayo de 2009

CALICLAUDIA e MIRANDA

http://www.elcorreogallego.es/opinion/ecg/rearme-ideoloxico/idEdicion-2009-05-12/idNoticia-425836/

E é aqui que chuleia a rabeca tocando o insostible problema... havendo dous que non o entenden (como Caliclaudia e Miranda) os patriotas estaremos a armar un nacional follón na terriña que nos criou.

Meu grande amigo Al Conde: Eu era cachorriño, ti, um neno brincallón cando o rei das coles musitaba palabras de amor, fungandoas ao meu ouvido nas cantigas da miña namorada. Sem dúvida eran tempos de moita esperanza e fe no futuro. Pero, logo em breve, antes da maioridade, inda no albor da puberdade, o fulgor de aquellos ollos verdes, de mirada serena, farianme sentir a grande ansiedade por mor de servir a Patria carregando unha escopeta nas areias escaldantes do cuartel da legión española. Como na confesión dos meus segredos, brota do meu corazón a terrível ilusión de um gran desierto, donde vexo manos buscando las mias em desespero de um rotundo quizas, quizas, quizas, em sombrias noches de ronda a chorar a perfídia de um loco amor.

O rearme ideolóxico non é de hoxe. Eu sentino no acampamento de Gandario, concello de Sada, lá pólos anos de 1950 e algunha coisiña. As duas centúrias fomos convocadas para unha reunión sobre o credo político que deberíamos profesar as juventudes españolas. Um señor de porte austero, que a min pareciame profesor de aqueles bem sabidos, foi logo ofrecendo alforria a quen desejase non escutar o seu credo. A ouvilo ficamos menos de unha centúria, entre eles eu, de tamaño avantaxado pra a idade pero côa conciencia ainda em fase de maturación. O tema se aproximava aos temas que eu oia da radio pirinaica. Falava de unha revolución que estaria pra acontecer. Esquentava os ânimos de alguns mozos e provocava a ira de outros que abandonavam o grupo pra chutar pelota na praia próxima. Ao anoitecer fomos alertados sobre a marcha que faríamos no dia seguinte em dirección a Sada.

As duas centúrias marchamos em unha única formación, com os mozos mais altos diante a marcalo paso e os pequenos atrás a perder o ritmo da marcha. Eu camiñei todo o tempo na difícil posición do médio. O objetivo da marcha a Sada era recepcionar Franco no porto de Sada. E Franco chegou co seu séquito, cando as lombrigas comezaban a rosnar na barriga da xuventude mais faminta. Franco chegou e non deu a mínima atención aos chefes da FE e das JONS. A min pareceu ver nos lábios de Francisco um arremedo de feliz sorriso, que eu interpretei como dirixido a miña xovial persoa, heredeiro do feliz futuro da España Nacional Sindicalista.

- Media vuelta, volver! – Escoitei a voz de comando la diante, cando Franco entrou em um negro coche e outros negros coches o seguian numa mistura deficil de saber quen era quen. Eu obedecín a orden despois que o camarada da frente ficou co seu carón a censurar a miña posición.

- Tropa, marchar! – Agora eu via os mais pequenos a marcalo paso. Eu dei três saltiños antes de acertar o meu. De repente, um berro em forma de consigna: - Más pan, menos cañon, Franco cabrón! - E a tropa repetia al unísono “Más pan menos cañon, Franco cabrón”.

Terra, Pátria, Deus son elementos a besbellar coa cultura de um determinado grupo de persoas, non necesariamente nacidos de unha cepa común. A língua, entendida como instrumento de coordinación, é a liga que fortalece e da consistência à Trindade, i é conela que se constrói a convivência entre as famílias e as persoas que non son da mesma família. Um idioma bifendido precisa de moita axuda interna pra sustentalo, algo moito mais caro que o mórbido desexo de manter, côa aparência de vivo, a múmia de um corpo sem peito que latexe há moitos séculos. E é aqui que chuleia a rabeca tocando o insostible problema: quen paga o afago de producir dobrado a cantilena de um campanário? Haverá os que entenden o decir de Bastabales, pero havendo dous que non o entenden (como os férridos e duros Caliclaudia e Miranda) os patriotas estaremos a armar un nacional follón na terriña que nos criou.


No hay comentarios:

Publicar un comentario