domingo, 17 de mayo de 2009

DESACOUGO BILINGÜE

Pergunta vostede se há sociedades bilíngües. Eu lle responderia desde meu fraco coñecemento etimológico, e pra desacougo bilíngüe, que todas as sociedades son polilingües

 Después de un praceroso y seguido desarrollo social durante 14 años, España sumerge en la recesión desde el cuarto trimestre del año pasado. Especialistas afirman que es la más dura recesión vivida por los españoles desde 1959.

 La recesión fue precedida por el gran colapso de la industria del ladrillo con severas consecuencias sobre la economía.

 Agora, aos galegos nos exixen pagala lingua.

 Permitame, Sr. Conde, que vos fale na mais pura língua plurilíngüe que a humanidade já conheceu até hoje. Refirome ao galego tan enaltecido por Camões e, antes, reverenciado por Alfonso o Sábio nas Cantigas de Santa Maria, mais tarde lixeiramente modificado por nosa ilustre Rosália com aquel sublime adios rios, adios fontes, nun cantar maravilloso que precedeu a morriña que vostede, o mais profícuo escritor da fala autenticamente  minoritária, e mais eu, este humilde emigrante, sofremos ao navegar polo grandioso charco com o pasaporte da nai España, em 1963 (vostede), i em 1961 (eu).

 Eu, sabe vostede, crecin ao carón do trabuco empuñado póla garda civil. De madrugada, nos invernosos dias de frio causticante, levavalle ao guarda de plantón uma tigela com fogosos carbóns, roxos e amarelos coma a bandeira, muxa de tanto frio, pendurada no mastro do cuartel. Os carbóns retirados da fornalla de um bread maker (my enlighten father)  servian para esquentar o corpo de um dedicado obreiro da tropa civil. O comandante, serio e calado coma a ostra, era nosso amigo e veciño; o seu fillo, meu colega de estúdios laborais. O alcalde, com catro fillas na miña idade, apontabase pra ser o meu futuro sogro. O médico, augusto curandeiro da vila e dono da casa mais grande do lugar, fora o primeiro homen neste mundo a me fazer chorar por conta da miña rebeldia para respirar o aire gélido do mês de marzo. O cura, meu pobriño, tan santo era que fixo esquentar a auga do bautismo co calorciño do seu bondoso rosto e, aos doce anos da miña existência, propuxo o meu internamento numa escola pra curas. A noiva do Juiz, profesora de historia, declarabame candidato a unha subvención pra estúdios gratuitos. Un sobriño de Mendez Ferrín era o meo mellor amigo desde os tempos da escola de Don Ramón e me confidenciaba as filosofias que lle ensinavan na universidade de Santiago. Creo non haber mozo mais capitalizado do que eu naqueles morriñentos anos de fame.

 Pero, na virada para os meus primeiro vinte invernos encontrei no espello o rapaz mais infeliz da Costa Fisterrana. O futuro em Galícia no me ofrecia eira nin beira. Aquela que eu desejaba para nai da miña familiar nación, galega coma min, marchara a completar estudos nun castelo da meseta. Sobrava-me a alternativa da emigración. Sobrabame a alternativa de seguir a pegada dos aventureiros, como no pasado tiña sido o avó que non conhecin.

 Como pode reparar vostede, o meu curriculum era moito bom. Inda assim, as autoridades fixeronme fazer um depósito de 600 pesetas para que eu non me safasse do meu deber de soldado da nación. Daquela, coma hoxe, com diñeiriño todo se compraba. I eu paguei pólo castigo de emigrar cantando adios España querida.

 Pergunta vostede se há sociedades bilíngües. Eu lle responderia desde meu fraco coñecemento etimológico, e pra desacougo bilíngüe, que todas as sociedades son polilinguas, pois o conxunto de todos os verbos que compoen aquilo que chamamos idioma é unha mestura de verbos de orixen coñecida ou ignorada, pero com radicais modificados  pelo orvallo do tempo e os callóns da mesa, hoxe acampados na praza de Quintana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario