jueves, 5 de marzo de 2015

LINGUA MORTIS

A BOCA DO POVO
Pois a mín pasoume o que pasou a Aznar cando eu quería reproducir a fala portuguesa e non conseguía porque os meus amigos non me entendían. Dician que eu parecía tolo. Eu no era tolo, non, se cadra, sí o era, mais tamen se cadra non o era. Vai un a saber. Eiqui por estas rias todos somos xenios da fala e non precisamos pito na boca para tocar calquerer partido, sexa o do seseo, o do jejeo, o do ceeceo; sexa do sexo ou calquerer outro que mande o noso sexto sentido ou, coma daquela era común, o que prefería la santa madre iglesia: o latin embrullado por dominus bobisco e cú espíritu tamen.

As doce mil palabras do lexico registradas no dicionario que vostede fala son como os sete días que mencionan o traballo da creación, moito pouco para explicar tamaña barbaridade feita polos feitos que se atribuen a un deus feito a cara e semellanza do bicho homen. En canto nos curramos a vida inteira, ele vive descansando cos réditos do investimento. Ten sintaxe propia e fonética enriquecida con moita esmola.


OS OLLOS DO POVO
Nos vivimos c’o choro a refletir a ansia que nos dan as gotas d’gua a rolar polo corpo para sudar o castigo, que continua tan fiero coma antes da redención. En fin, como principio é o que temos. Se moito choramos é para amolecer a terra dura e lle tirar algunhas patacas, berzas e un bocado de graons de millo. C´as forzas restauradas e o adubo posto no seu sitio, o ciclo se repete baixo o comando do ano solar. O ano solar faime refletir a sola dos zapatos grabada no traseiro. E xá vou farto de tantas patadas. Agora dou coices con peidos da mina lingua, pois, ora pois, a normativa do galego non me convence para creer que sexa dogma para coisa boa. O idioma, idiosincrasia de un povo, é un estado endemico que se transmite, pola lengua e polas mans, a golpe de sonido sobre o yunque dos oidos o a golpe de trazos para gravalos na retina dos ollos. Da mestura do que fala a boca e do que ven os oios, nace o galego. Deixemos crecer as meninas sen esquecer as cataratas que danan o cristalino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario