domingo, 22 de febrero de 2009

MARAGOTAS Y CENTOLLAS

MARAJOTAS O CENTOULAS?

E lojo? Non saben os galegos que as cousas cambian en Galicia todos os dias? Antón? Porque din que hai que cambiar? Queren cambiar de man as nosas leiras, os nosos lares, a nosa Galicia? Seica no correo mandan unha morea de larpeiros pra que eu seleccione o nome da família e do xénero que antolla a miña preferência. É como a poxa no porto do peixe. Quen da mais por aquele monte de nécoras?

Non me justan a nécoras, justanme as centoulas.

Vou a pólas centoulas.

As nécoras oferencense vistosas, apetitosas, enchen o paladar de aljuns felijreses mais o meu.

Ao meu lado, moi valente, un veciño de Merexo, comensal da casa Carmela, farto de tanto comer percebes côa casca e tudo que o dereito da sua proeminente panza llo permite, bótame o guiño ao mesmo tempo que conduce o polegar e o índice da sua man dereita às fosas nasais. Sen unha única voz do linguado espetacular, dixome tudo que eu non queria oir. Dos pés à cabeza levantouse um revirado malo estar, dominoume peremptoriamente da ponta narina ata as uñas dos pés a ânsia pólo cambio. Decidin non mercar nen nécoras nen centoulas ! Son tempos de veda para os decápodos carroñeros, endemais, aniñan preto das trampas.

- Hay que cambiar! - Pensei que pensaba eu. Funche a pólas marajotas.

Para mercar as marajotas hai que pensar a tope. Para navegar na tormenta que fai poucos días barreu o costado dende Fisterra a Bilbao é preciso um patrón com peito pra soprar unha vela de pano e singrar um forte timon ao carón da fúria do vento. Deciame o amijo de Merexo: Necesitase um mariñeiro amañado na sabedoria do telégrafo e nas listas do Insalud, um mariñeiro da terra com vocación a plantar patacas no fundo do mar e berzas no cume da montaña. Um mariñeiro quixote que saiba poñer guindas ao pavo pra arrancar os tintes do polbo. Um mancebo sedutor do amor de Carolina nas eclipses de luna. Um home com peito macho pra arrebatar côas vacas se todas elas levan nome de muiér.

Merquei as marajotas.

Agora perguntome: pra que raios merquei a marajota se o que eu queria era saborear a centoula?

No hay comentarios:

Publicar un comentario