As
solpresas, meu amigho conde, chejan a nos (os outros) polos mais variados
rincons desta acabruñada terriña. O magosto, que a min moito justa, por estas
bandas ninguén conoce, o viño resien abillado no mes de abril é un xarope
abrilado con composto de follas secas da hera; sirve para amainar os estados
broncopulmonares ou bronco espasmódicos das fieras plumas y penas plumeras dos
críticos que a vos tanto critican: facilitan a expectorasión, relaxa o músculo
e mellora o fluxo... Penso que o abrilar da hera é bó, pois, si ningún ben faz,
ningún mal ata agora fui rexistrado.
Diferente parece ser o mal provocado polo magosto do 9N, que parece arame
farpado na guela dos que povoan o palasio da Moncloa.
Disque o mundo mudou… E disque mudou para
meior. Pues si usted lo dice, amigo conde, dicho queda.
Onte eu viaxei 220 km cara ao norte.
Como todo que sube, cheja uma hora que terá
que caer, virando a cara para onde apunta o kú, retornei ao sur. A
contabilidade rexistrou mais 220 km. O resultado foi un empate entre o débito e
o crédito. A ecuasión que justifica o empate é a sighinte:
20/2+
200/2 – 200/2 – 20/2 = 0
Polo pensamento do nomeado denominador
común e co’a ajuda da siensia organoléptica, podemos arrimar ao gosto da dulce,
agria e salada ecuasión, o sentidiño que
a ela corresponde.
O 20/2 corresponde aos 20 km que o
cabrito montado en un coche bomba levou para atravesar en 2 horas a cidade monumental. Os 200/2
corresponde aos 200 km que o vagabundo do cabrito, montado no Aiga que sabe
voar a mais de 200km/h, levou para patear os mais de 200 km de unha estrada
moito ben alfombrada.
No mes dos mortos as lembranzas son
cinzas, entrementes, si miramos con oios que saben ver, veremos que a mesa dos
santos continuan fartas e as outras
collen vento e auga, auga e vento. O que cambiou, pois?
No hay comentarios:
Publicar un comentario