lunes, 15 de diciembre de 2008

RECIPROCIDADE

RECIPROCIDADE

Não foi abuso de autoridade. Se cadra, tamén foi. Eu diria que foi espelho a atos cometidos com moita frequencia contra paisanos brasileiros por autoridades españolas em España. Pra não ir muito longe, eu mesmo sufrí atropeles de autoridades policiais da Coruña, pretiras das autoridades políticas da Comunidade, e postergues das autoridades do centro de colocación na vila de Cee. - Queredes mais, meus filliños? - Não vos conto o descaso e negligencia das autoridades de saúde no hospital da miña santiña xunqueira.

Vaia lero!, xá que mo pedides volo conto. Meiór, cóntovos outro conto: No meio de tanta autoridade desautorizando o que eu e a miña esposa creiamos estar abalados póla lei de Hespaña casada cos princípios de reciprocidade internacional, a Garda Civil de Corcubión contatoume ao movil pra gestión das condicións de unha imigrante escondida na miña casa. Moito corteses, solicitaranme  que dixera onde eu morava, rua, número e piso. Contei sem piscar os oios. Pediron mais um favorciño, que eu os esperase na miña casa a unha determinada hora.

Estava eu na janela falando com ela - A janela? – Non home, non, a muié,  cando vi pasar unha viatura com dous verdes gardas a bordo. Eu sabia que eran eles, entrementes eles non sabian quen era eu. Pasaron direto asobiando a sirena. Enriba da costa, casi na curva, despois do colégio, pararan diante de um edifício falido durante a sua construción.  Non atinaban que alguen pudese vivir dentro de tan lúgubre chabola. Tentaron forzar a porta, pero desconfiaron logo que por aquele buraco ningún migrante tiña pasado. Entretanto a imigrante via un programa da televisión galega, eu observava pasmado o esforzo dos dous jovens gardas. Sabía (por um defeito da intuición herdado da miña nai) que os gardas estavan no meu encalzo. Meior, no encalzo da polizón  emigrante do Brasil. Salín à rua, que chaman avenida e foi unha carretera, e a modos de toliño abanei os brazos pra chamar a atención dos gardas.

Adespois de moitos acometidos conseguín despertar a atención dos homes do tricornio. Moito desconfiados entraron no jipe, manobraron na estreita carretera e se aproximaron devagariño. Era eu mesmo que eles estavan buscando. Entramos os três no apartamento da rua da pena. Alí fragamos uma señora de 61 anos, bem disposta, alegre e brincallona. Era a miña esposa, a nai de três galegos brasileiros, com pasaporte e certificado de matrimonio registrado na igreja católica e no consulado español. Todos os documentos estavam em ordem e protocolados desde a policia de emigración na calle real da Cruña. A miña identificación de origem, com cepa de autenticidade galega, librouna de alguns inconvenientes relatados por turistas brasileiros no aeroporto de Madrid e Barcelona.

A detención, em São Paulo, de Alfredo Prada Presa, responsável do PP no exterior, não é nada mais que um reflexo instintivo do que em breve será identificado como síndrome da reciprocidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario