jueves, 18 de diciembre de 2008

REZOS TRILEIROS

REZOS TRILEIROS

Sabedes que eu non quito nin poño rei. E non digo que axudo o meu señor, porque eu non teño señor pra axudar. Quizabes sepan que un certo dia quixen ter um padriño, alguén que me estendese a man para me axudar na difícil andada do meu retorno ao lar; o lar das fontiñas, das leiras, dos toxos e dos pinares; o lar dos xurelos, dos bois e das vacas, o lar dos pochos, dos mejutos, dos arauxos, dos michinel; o lar da santa santiña co neno no colo; o lar do nazareno e da dolorosa, o lar onde me criei pra viver em paz despois de unha longa batalla pólo mundo da América tropical.

Corre na comarca de Corcubión un proceso político en que se acusa Marisol de suposto abuso de fondos públicos para axudar a sua equipa na campaña das autonômicas do ano 2005. Contan o conto coma un pecado mortal que non se deberia esconder do mortal paisano. Estas vendo? – di o ladrón ao roubado – estanches a comer a espiga do millo que eu tirei da tua leira.
Queren me facer creer que a dona Maria Isabel Blanco foi contratada para viaxar a Bos Ares con fin de arreximentar unha tropa de mercenários galegos, velliiiños da diáspora, magros de peito, fracos na voz e desvalidos no espírito, co fin de retornar a Galicia e axudar Viriato e seu campante cabrito na campaña contra o cesar romano. Pero que burda manobra para explicar o acordo forxado pra que o voto do outro lado non enturbiase o pracer do costume a gobernanza!.

Din que o axente electoral reafirmouse na existencia dunha trama no seo gobernamental cuxo fin é financiar os partidos políticos. E lojo? Os gallegos non sabemos que todos os partidos son financiados con diñeiros públicos? Parece que o terceiro candidato nas enquisas de opinión non o sabe. Vaiche ver que lle falta experiência. Vaiche ver que a recen viaxen a Arxentina e Montivideo o fixo cós fondos privaos do señor Madoff. Vaiche ver que a urna de cristal prometida esta sendo construída cos rezos trileiros dos xogos de adiviñacion. Vaiche ver que o demo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario