lunes, 20 de julio de 2009

CONCELLO DAS AVES E PEIXES

Unha cousa é una cousa e outra cousa é outra cousa. Podía ser unha frase do amigo Conde, pero non. Parece mais um ensaio da Galicia ibérica por mor de pagar os pecados cometidos diante da santa separación. Pensachedes como sería o reparto das graciñas madrileñas se os municípios galegos reivindicasen da xunta xacobina um bocado meior por conta do seu nanico tamaño? Eu non só o penso como tamén o imaxino: A Corcubión cabríalle a meirande parte do bolo galego e, como o bucho humano é feito de limites, non há no concello espacio suficiente para o estercoleiro que se seguiria à tamaña abundancia.

Son camiñadas diferentes. À España Una de Franco seguiulle a Iberia rompida das autonomias. A autonomia galega, ponse a pensar na desautonomia dos concellos para poder sugar meior as suas pertences. Non vaia ser que o gordo e polpudo torrón distribuído dende a meseta caia nas mans dos lugareños de Frije e estes terrícolas celtas utilicen as dádivas contra os desexos do roncudo mexillón e impidan o estabelecimento imperioso das pisciniñas para os salados peixiños da costa norte. Será que ninguén percebe o prexuizo do cambio para os percebes?

Pensando meior a cousa, do ponto de vista da lente administrativa, os aforros derivados de unha concertarción maciza dos pequenos axuntamentos farian com que a partires do ano 2013 (cando Europa deverá afogar o ganso em comemoración do retorno dos investimentos realizados na pacificación e ordenación da eurozona do noroeste ibérico) volten a enriquecer os ricos ilusioneiros da conxelada e fria financiación europea..

Meus filliños, aprendín coas porradas da vida que cando um riquiño faiche unha gracia, a gracia nunca é grátis. O problema da ética moderna está na óptica da política aplicada. E si é verdade que na illa de cegos o torto é peixe, que se pode decir do santiño xacobino? Em Touriñan veremos o milagro das marajotas bailaren a danza do ventre a orillas do mar morto. Em Cee veremos como se constroem modestos pisos ao módico precio de algúns porcentos arriba do familiar sueldo, pagable no xuicio final que o cura non cansa de lembrar.

Din que Europa pon limites de población a esistencia dos concellos. Tamén din que os estudiosos e expertos da materia ven na fusión nuclear o remedio para todos os males, de modos que, unindo Galicia con Castilla-Leon, o Ave chegará mais perto de Estorde, donde mirando para donde se bota o sol poderemos construir unha enorme granja de negros urubus, pois sabemos que na penumbra non há diferencia entre a ave do demo e a gaivota dos anxos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario