domingo, 15 de noviembre de 2009

VIVA LA LIBERTAD


Na miña Terra xá non ten terra pra eu plantar; os ríos levan auga podre ás rías do mar, a miña casa xá non existe porque o que era a miña xente a xente xa morreu. Trabaiar non deixaron non, e non hay lareiras pra ferver a auga que aínda corre libre nas fontes do lugar. Todo é do Estado, meu señor, e nada pertence ao cidadán, pois o Estado é dono particular de quen sabia-o coidar. Os montes gañan xente que ninguen coñece,nunca os viran na igrexa rezar. Vemos o imperio do Regulamento a combatir as necesidades do antiregulamentar. Polo Regulamento, perdemos os fillos que non podemos soster. Os porcos do cortello, as galiñas do galiñeiro, as vaquiñas na leira do val xa non son os propietarios que as coidan, o ollo gordo do banqueiro é quen dita as normas do interese social.



Paga a pena pensar que gardacostas da conselleira gastaran tantos cartos na catura do peixiño furtado nas ondas do mar. Paga a pena saber a tristura do rapaz canso de trabaiar as nasas pesqueiras no remanso escondido dos ollares da lei. Non valeu a pena pagar a axuda de um viciño nen a intención de unha boa idea que quixo torna-la empresarial. Furtaran as ferramentas ao meu pobriño pescador do areal. Foi por deber do Regulamento pensado no horreo, perto da catedral. Alí todo é celestial, ao abrigo da choiva, protexidos do vento e da fúria do mar. Alí non entenden non, como van entender se o que comen elles feito por quen precisa comer e quen por fame necesita pescar? Entre escamas, tripas e espiños, 36 quiliños devolveron ao mar. Mal negocio pra quen fixo as nasas, produto artesanal do homen do mar e, se cadra, labrego dunha cofraría, sen papeis para probar a súa arte de tirar o fruto do sal. Pola mostra colectiva en inspecion rutineira inda sobra trazos da sociedade da miña infancia. Son trazos en fase acelerada de extición que, coma o raposo en loita pola existencia, expón a súa vida na cazada aos espiños dunha pescada.



Non todo está perdido, pois agora fomentan o espíritu empresarial dos mozos de Galicia para fundilos cós de Portugal. Din que é para que non saian do lugar e pra ensinar a gran cuestión de saber se galego nace galego, ao natural, o faise galego por mor do Regulamento empresarial. Habendo unha idea fixa,xa sabemos por onde empezar: fagamos unha reza ao Regulamento da sorte e esperemos que os seus oidos escoiten a nosa prece. Se a barriga berra, prietan as cordas. Se o corpo falece, morreu-no a súa mala sorte. E por ahí imos tocando a gaita co sino da furtividade. Nestes outros días tan difíciles, unha hora comemos terra e outra bebemos auga do mar. E !viva la libertá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario