viernes, 27 de noviembre de 2009

TOURIÑAN, CANTEIRO DA VIDA

Touriñan, canteiro da vida
Meu querido señor: inda que nos famosos tempos medievais había en Galicia moitos zhinkers pensantes, sabedores que a terra era unha pelota, que os indios de Colombo non eran indios e as galeras deixaran de ser remadas por mariñeiros galáticos, daquela os tempos non eran axeitados a facer fronte a unha entidade con posto de gobernador, nomeado por un tribunal da Inquisición, moi disposto a facer valer a verdade dos dogmas da súa particular fe.
Inda que neste milenio, no que os maiores nos arrastramos para continuar tocando a gaita, vemos cometer todos os días carradas de injusticias ao carón da lei que lles ofrece guarida e protección, como nos casos da desastrada intervención militar na cultura milenaria do val entre as pernas do Tigris e do Éufrates, no berço da civilización, nación dos homes que inventaron a escritura e a roda e que os galegos da Galacia, tan querida de Saulo e tan disputada pólos partidarios da circuncisión, resolveron traer ás terras do Sil e do Miño, xa non máis rezamos polo credo dun único homen, nin dunha única muller, nin dunha soa empresa.
Di a deusa do mar que o deus Neptuno tem todas as forcas encuadradas nas normativas franquedas  ao calorcinho do toxo popular. Se outro goberno dixo que un cárcere para o linguado muxian non era lícito estabelecelo na península dos brezales, o problema a solventar polos paisanos de Percebes é sair e andar pólas caraminhas e tocar o ronco de Touriñán, o de Fisterra e o cabo Vilan e, co estrondo, facer calar a Campana raxada do Alvarez Vilán, felizmente  emudecida e coa gorxa moito afectada póla sentencia de Rinlo e a colaboración científica dun Xavier Amigo. Non é hora de desfacer a garda cós millón do vial, meus amigos e paisanos de Touriñan. Non é hora de atacar, meu señor xeneral.
Meu señoriño, non monstre vostede o tamaño da tozudez particular en beneficio da obstinación privada, e non sexa testarudo por  querer prender un peixe linguado para enforcalo no istmo de Touriñan.
Acostumado a vivir no mar, comer do mar e zumbar no areal da rias en perfecta simbiosis com os demais membros da cadea alimentaria, se vostede non da crédito a este humilde conselleiro, recurra ao saber da psicoloxía humana para entender como se pode coñecer os intrincados camiños da vontade privada, moi catalogada no seu inmenso esforzo de promover servidume aos seus intereses, que non sempre coiciden co verdadeiro interes social da comunidade de Touriñan e, en moitas circunstancias, reflicte o desexo de um pequeno grupo, dono de capital propio e da sua privada. 
O capital na tal da súa libertina libertad busca engolfarse da reserva allea e, na súa estratexia, transporta o virus da peste maligna, capaz de arruinar o lexítimo capital creado pola natureza e o deus que a fixo. E que a natureza sexa destruída no subterfúgio dunha lei calquer, ou calquer outra lei de estraño interes modificada ao gusto e interes do esbulho posesorio, e unha actitude de estratexia pouco recomendada a um comandante digno de liderar e coidar do canteiro da vida na nación de Percebes, na Costa da Vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario