lunes, 12 de enero de 2009

ARRANCAR

ARRANCAR

Non sei o que quererá decir no bo galego a palabra ARRANCAR. O diccionario normativo da Real Lingua Galega no fai moito esforzo en suas axudas a esta miña humilde cachola. Asin, pois, eu sou obrigado a recurrir ao grande papa dos burros na Real Academia Española. O imperial dicionário dime que ARRANCAR é sacar de raiz, é sacar con violência e astucia algo do lugar que está. Pero non para aí, continua discorrendo significados que perden sua tonicidade virulenta na medida que os escaños pretendidos crecen en valor do número atribuído, mais non en poder de violência. Na quinta posicion o violento ARRANCAR transformase numa forza de entusiasmo, admiración ou outro efeito veemente que se sente ou inspira. E así vai pólo mundo adiante. O nono significado é moito sutil pois remete ao prestige cando se lhe obrigou a ter mais velocidade da que podia resistir. Coitado de quen veña ocupar o posto 19 da fileira do ARRANCAR, inda que sexa da costa rica estará fadado a vivir encolerizado.

Na verdade, parece que as cousas estan moi paradiñas no pasado. Non ARRANCAN de xeito algun. Son como toxos que se fixan nos montes e ninguen consegue arrancalos sen ferir as mans. Choveu moito desde aquela, cando os galegos preferian o PP. A última batalla de Fraga, con seu escudeiro Feijó, non foi frutífera. E non veñan co lero de Aznar dicendo que os grandes persoeiros non son comprendidos pelo seu pobo. Os soldados ben que se uniran en seus postos de loita democrática e conseguiran conquistar, sob o camando da sombra do líder, 37 escaños. Esa sombra ainda continua a merecer o grande respeto dos galegos, pero algo común en todos os grandes persoeiros da Historia é a sua pouca habilidade na escolla dos seus sucesores. E Fraga non foi diferente.

Alberto reclama da falta de diñeiro para as enquisas, ainda que habelos hailos para outros mistérios. Ofrece entrar en campaña co peito aberto, transparente e nítido, como a auga que esfuma no calorciño da man. Se mellorar o pais é um proxeto ambicioso, poderia ser um anaco mais ambicioso e prometer mellorar o céu, a terra e o inferno. É questión de ARRANQUE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario