lunes, 19 de enero de 2009

DESAFINADOS

DESAFINADOS

-“!Manda carallo na Habana!”

- - Te pasaches , amigo Alberto. Quen manda na Habana é o irman de Fidel. E faino nuha illa bloqueada de cañóns por todos os lados, incluidos os que lle dan teto.

-“O primeiro que farei como presidente será sentarme cos alcaldes , universidades e deputacións para buscar una política de discriminación positiva”.

- É ahí que vai mandar o carallo, meu amigo, porque o primeiro que fariades ao gañar a presidencia seria unha enorme lupanda entre os garañóns da equipa do pp, pois todos xa sabemos que abendo una política positiva para alguén, será por que ese alguén fai una política negativa para outrem. Eu xa estou a me sentir arrasado por esa futura política, só de pensalo. Sou a vaca que da leite merengada, mais dirán que sou mula para me aplicar o corretivo do rello por conta das políticas discriminatórias positivas do para quen e contra outren.

-"Galicia non pode depender só de 7 concellos, as sete grandes cidades, porque son 315".

-Aquí declino a miña absoluta concordancia coa maxistral frase do magister maestro. Pero vamos ver, cal é o asno que discordaria de tan negativa afirmación, tan bem artellada com un rotundo “porque son 315”?. Podian ser menos e non pasaba nada. Podian ser mais e aparecerían mais corvos para lles mamar as teas.

- "Non queremos nacionalismo, somos galegos e galeguistas. Prometo loitar ata o final da miña vida para conservar a España como un gran pais.”

Doulle nota dez mil pola boa intención que eu sei que fai parte do repertorio nacionalista da España, nosa única nación desde o nacimento das nacións europeias. Pero eiqui eu deparo con outro negativismo: “Non queremos nacionalismos”, e arremata a nacionalidade con um “somos galegos e galeguistas”. O de somos galegos eu entendo. O de galeguistas será porque ten moitos fillos e netos de galegos que queren selo e non lles deixan por conta da urna de cristal e a denuncia de corrupción dos correos feita por Quintana nun programa nacional de España.

Xosé Crespo ten a clave do que se fará no futuro: tratará Galicia con unha política moderna de rallyes motorizados, encolerizados potros mecânicos a correr entre as persoas xoves do concello de Lalin. Fico abraiado de ver a insanidade de um alcalde por permitir tamaño depauperio do sentidiño común( http://www.lalin.org/videoRali/RALI.html ). Cal é o pai que ficaria feliz de ter un fillo tresloucado no médio daquela multidón de alucinados. Prefiro a política quintanista do romantismo do arado e de vacas que enchen os oios, dan traballo e eternizan os bos costumes, desafinados con Alberto, mais afinados co a Galicia real.

No hay comentarios:

Publicar un comentario