jueves, 26 de marzo de 2009

COM SAL GROSO

Fai unha moréia de anos que eu non xanto cós meus amigos. A última vez foi um día calquer, antes das eleicións municipais: foi um xantar de conveniências de cara à conquista de posicións estratégicas do partido que gañaria, com voto maioritario, o poder político na miña vila. Daquela, pra min, todos os nomes eran importantes, a comenzar pólo meu.

É unha importância que non tem nome, penso eu agora. Poido describilos póla influencia grabada na memória dos outros dias.    Ao pechar dos oios, o primeiro que aparece bem lá no centro da sagrada mesa é um xoven leitón, ceguiño, sen rabo, bem esticado na bandeja, de morenía ensolarada ao calor do forno aquecido com leña do lugar.  No era o xabarin como poderia estar a pensar o meu amigo conde. O último e primeiro xabalín, que eu vi no albor dos anos cincoenta, ia côas patas amarradas a um pau (aos modos típicos do antigo caribe): seus dous carregadores, coa escopeta às costas e o típico orguio dos cazadores, mostraban o lugar exacto do buraco roxo causado pólo êxtases de um balín criminoso.

Nunha mesa, alongada póla asociación com outras duas mesas, sentaban felices todos os contertulios, incluído este tolo que vos fala. No éramos “como”, éramos os próprios galos que os autores do Obelix e Asterix fotografaran pra espallar a palla da nosa gloria aos catro cantos da terra. Ao refrigério dos viños do país, blancos e tintos, numa mestura democrática de cores e sabores, cantábamos todos unidos côa potencia da libre e soberana goela que deus nos deu.

Duas vozes destacaban na polifônica agrupación de comensales reunidos póla nobreza de um acto popular: o barítono son do meu querido e inolvidable ... chamemoslle Manuelix  e a voz telúrica do tenor das forzas de proteción civil e grande piloto da atlântica ferrosa, Vicentix. O futuro alcalde non cantaba nada: observava, por obligación do natural sentido, o desenrolar do futuro, espiado, dende unha cornija do bar, pólo druida do pueblo. Habíam mais catro a compartir os gastos da Santa Xanta, endemais, como rezei ao comezo, os nomes non importa.

Nestas duas estórias há um denominador que non é comum. É um denominador que diverxe póla influencia de um esterol atopado nas partes saborosas do delicioso pecado. Um entope as veias, o outro as limpa. Neste sentido, a nobreza do meu conde foille transmitida pólo colesterol bó da lampreia ribanceira. Os meus fumos carregan a aflicción dos fritos de touciño, templado com sal groso do mar e os osos de um longo oficio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario