RODA CADRADA
-“Non quero facer leña de árbore caída” – o dixo quen o dixo.
-Meior un pao na man que un cento no lombo – diria un antigo leñador de Lugo.
Conforme as circunstancias, axiña podemos nos aproximar de unha ou outra atitude, a espreita de que Galicia consiga um goberno teso coma a xesta e leal como a raposa do deserto. A talla damna a roda cadrada girando coheso envolta do umbigo.
- “A presidência non é para atacar” - Así o pensaba Barak Obama e o Presidente Touriño.
O primeiro cando era presidente in péctore ficou caladiño, preparando o camiño, organizando a equipa e deixando o presidente Busch arrematar o seu goberno. Touriño, o Presidente, inda que nas lides de unha batalla eleitoral, sentia-se obrigado a manter a compostura presidencial, non podia entrar no trapo de comparanzas entre carros da mesma faixa ou avións do mesmo porte. Foi leal à postura de um presidente, foi leal ao Presidente Fraga.
O silencio neste mês de reflesión faise necesario para pousar a poeira xogada no ventilador. Ambolosdous, Touriño e Feijóo, presidentes de Galicia por mérito de quen os elexeu, eran merecedores de um asueto descanso. Um o fixo nas terras de Canarias, tributando seus gastos no Estado español. O outro foi ao Paraguay e Arxentina, quen sabe buscar cartos dos emigrantes para terminar o Gaiás ou para cambiar o coche.
No hay comentarios:
Publicar un comentario