viernes, 27 de marzo de 2009

SENSATEZ

A sensatez de Marisol

“È unha língua moi riquiña e moi simpática e nada mais”.

 Eu diria que é moito mais do que isso, dona Marisol Lopez. Eu diria que é unha língua enrustida no recunco da alma galega. Eu diria tamén que é a modulación fonética e pura da liñaxem dunha língua que ficou aquém  no correr de seu tempo e deixou a Lua parar no monte do gozo, entretanto os nosos valentes linguaceiros, côa cruz de Santiago na mán e um verso na boca, espallaban as cantigas de maldecir e as novas de Santa Maria aos catro ventos, principalmente aqueles bravos cristans que se dirixian a Toledo e Lisboa, se perdían na Española co o afundamento da Galega, e se reencontraban na Bahia com a poesia de Castro Alves e sua musa Rosalía.

A clave do tema está ahi, miña señora: todas as institucións que envolvem as linguas son instrumentos a servicio de una determinada política. E as políticas son formuladas por persoas motivadas por seus próprios interesses.

O interes primário e mais puro da vida, desde que vostede foi iluminada por unha costela de Adan, foi aquela arte comunicativa capaz de administrar as necesidades fundamentais que unen indisolublemente a alma da nai ao corpo do seu fillo: o choro do neno, berrando primeiro em sua instintiva língua para explicar que veio a este mundo e nele pretende ficar, para deleite e felicidade da nai e do pai da Nación.

Non interprete vostede o resultado das eleccións como algo frustrante. O resultado era previsível se levamos em conta que o resultado da loita entre irmans é sempre frustrante porque leva tristura às famílias e arruína os pais.

A raiz da insensatez das teses lingüísticas em Galicia está na opinión daqueles que intentan impor a sua vontade em favor de algo que é naturalmente insano, na imposición sobre a mesa de productos enxebres condimentados com pimentos do reino e sal de Castela, retirado das sobras do bacallao de Lisboa.

A pureza das cousas deixou de existir desde que se aprendeu a arte de fazer fogo rozando dous palitos. A pedra lascada contribuiria para demarcar propriedades nos castros celtas. O bronze polido, abrillantando os cornos dos pescadores escandinavos, serviria de motivo para acumular o ouro nas catacumbas de Santiago. E así, entre evaporación das augas e condensación das nubens, saímos dos outros dias para vivir nestoutros.

As asociacións bilingües, coma calquera outra asociación, están a respirar de auxilios económicos. Até aquí todo normal para ocupar o tempo daqueles interesados na arte de querer assobiar e chupar cana ao mesmo tempo. O problema é que as necesidade básicas de todos os galegos non foran atendidas, pois os recursos para atendedelas son escasos e é necesario establecer prioridades na sua administración.

Outro asunto é que Don Manuel, sábio como era, quixese manter o galego concentrado em ideas tolas para poder exercer a sua política de suprema autoridade no eido de Galicia. Unha língua común, capaz de facilitar a compreensión entre todos os habitantes de um lugar, vila, ciudad ou estado é necesario para a unión entre as persoas e institucións, e tem a finalidade de facilitar a administración dos liderados com o seu chefe democraticamente escollido.

A bilingualidade é unha anomalia da normalidade, e como tal tende a desaparecer. Non é necesario preguntarllo a ninguen, ao seu ver, como tamén ao meo, há uma posibilidade, sin ningunha necesidade de segregación: unificar gráficamente, cós termos da razón, as unidades fonéticas similares ou incorporalas como variantes regionales aos diccionarios das línguas dominantes (português e español). Para poñer um exemplo: para que artificializar “dupricidade” si existe duplicidad y duplicidade, com histórico e morfoloxia (morfologia) etimolóxica (etimológica) mais (mas, o más?) consistente?

No hay comentarios:

Publicar un comentario