domingo, 22 de marzo de 2009

FUXE CEEÍBERO!

Mentras o tempo da patria non chega, mentras non pasa o tempo que denigra, deixa ese oscuro afán que te atafega. Fuxe Ceeíbero. Emigra!!

Vostede, traidor da ligua galega? Moitos falan do que lles producen ganâncias. Pero tamén hailos quen falan do que lles produce moita perda. E falan porque sí, porque lles gosta, porque o peito peta e a lingua rola na roña do verbo rotundo, sustantivado em esencias de cáusticas adjetivacións transportadas nas mans do ordenador.  Eche así desde que um desvairado, rapaz traste, inquedo e rebelde, precursor de todo que existe e está pra existir, ficho este noso mundo pra abandonalo no xardín dos ordalios.

As tuas báguas e inquedanzas, meu conde, son máguas que entristecen o respingo do meu alento, cando non atopo o termo que expresa o ánimo do meu pensamento. Sabes ti  que eu sou de CEE-la-vella e, coma o ferreiro de CE-la-nova,  quixen voltar à arxila rumorosa pra acalar a anguria que me berraba, inda bem xoven, no arrematar do estralo nacional, cando o Celso Emilio vagaba na Venezuela.

Hoxe, meu amigho, a Galicia externa é consciente da dura condición intelectual da Galicia interna. Renacen os tempos de fustigamentos e temores, revive a aldraxe, inda que liberta dos cañons da ditadura; argallan os baldallos tropeiros da finura democrática,  prima a ausência pólo interese social, moi desaxutado e a contramán do grande capital intelectual do celta Obama.

Crecín ao arrullo de unha educación vibrante de escolapios e panacéias, en tempos libre de esculápios e larpeiros. Poido, pois, entender as tuas báguas ao clarón da lua chea, poido sentir a tua voz resoando fundo no interior do xardin do fogar da pedra aguda, o latir do animaliño literário a ladrar as batallas da galega María.

Em que somos distintos os seres que vivimos nos rincóns da solaridade do trópico sureño? Cando finda o ciclo, todos somos idênticos, todos morremos, inda que doía o corazón, inda que doía a razón, inda que reboce o barco cheio de cartos e croios preciosos.

Nin o presente che sonrí, nin o pasado che humilla. Mentras o tempo da patria non chega, mentras non pasa o tempo que denigra, deixa ese oscuro afán que che atafega. Fuxe Ceeíbero. Emigra!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario