viernes, 11 de diciembre de 2009

UN CUENTO

Um conto
Non, meu hombriño, non. Cando busquei axuda para facerme cargo do meu destino, en Galicia pechastedes todas a as portas co carallo da disculpa de que meu problema non era da alzada da secretaria da Emigración. Na secretaria de Sanidade, cando busquei dar solución a um problema de saúde, dixeron que a atención requeria un hueco tan profundo, mais tan profundo  que en un salto de dois sufridos anos eu non alcancei o se fondo. E cando lle escribín directamente ao senador Fraga pra darlle conta das miñas angustias depois de leer seus libros, a resposta foi pechamento da canle via emeil do PP. Eu non sei que pasou no moiño. Eu  sei que a beleza do que tiña lido non mantiña coherencia con a feiura da realide, ainda morando na terra mais bela do mundo, a costa de Fisterra.
Danlle resonancia aos membros natos do IX CCG representados por Ramón Villares da Cultura Galega, Beatriz Mato de Traballo, Xosé Ramón Barreiro da Real Academia Galega e, por suposto, Santiago Camba e seu chefe Feijoo.
Pareceme que o gran saber de esta comisión está na sua enorme experiencia adquirida como emigrantes turistas de un fin de semana. Moito se pode aprender en unha semana. Ao menos eu aprendín cando a Muller e Xuventude expatriada soube en Montevideo que Galicia ofrece unha canle para integrarse no tecido asociativo, garantia de supervivência (?).
 Sei agora que queren que os velliños e as velliñas da diáspora teñan a sua inclusión sociolaboral en exposición permanente no fronte das tenoloxias do capital humano que a alma galega dispón nos cofres do horreo. Din que é para concretar sua formación e cultura cara al mañana do octagésimo aniversario da sua emigración, en interconexión fluída e inmediata con o alén.
De cartos para pagar o caixón e os funerais do difunto nada falan. Homen no seria ético nen amistoso ter unha fala deste calibre. Pero daria realismo aos seus propósitos e a sua estância na planura dos pampas se faria mais coherente co conto que nos contan


No hay comentarios:

Publicar un comentario