lunes, 25 de enero de 2010

ROSAS E CRAVOS

Colligit, expurgat, innovat. Velahi porque, ademais dos aitos conmemorativos que se organicen pra reaitualizar na consciencia das xentes, o órgano que se dí instrumento real da nosa cultura debería consagrar nas páxinas da web, e ondealas pólos catro ventos, os feitos sublimes dos seus fillos mais destacados, calquer que sexa a língua em que se expresaran, para exemplo, absorción e transmisión da cultura galega.
Houbo um dia que vivemos nas trevas porque o galego agromaba vencellos, rexos pólo compromiso com o latin falo nas criptas parroquiais. Na soidadade da fala perduraba o modelo inconsciente de unha língua manca das duas mans. E isto a tornava invisível à memória que a facia morrer por insolación no rigor da terceira idade. So un cabo villano, na confusión da tempestade mental, amosaria suficiente luz ao ronsel do cabezal rosaliano. Outro faro, este na ponta oeste da peniscula fisterrá, servía de fiel orientador ás bagas que do norte se dirigian ao sul para seguir, cada seu na sua vela, o destino de levar poboación às índias da Atlantica. Os cravos apuntalados nas naves galeras fundianse co horizonte mariño e no jardin da horta parroquial murchaban as rosas, afogadas pólo choro das nais.
Hoxe non estan mais as nais a chover póla ausência dos seus fillos. È a pólvora a brotar nos puños do Luis o que fai aferventar a magoa do meu bo amigo Ferrín. Non poido, non poido entender como o Luis fixome cativo da sua cantinela diária e non me provoca asombro nen indignación a sua arenga de hoxe. É que descobriu o talón do falatório e do auditório na mímica da verba que sufragaba e quer sufragar os intereses da academia subordinando-a ao governo da autonomia em sua perfeita dependência co governo real. Bonito ulir a axila do que non está permitido gustar, picoso e salgado a punzar côa fúria de um dardo empezoñado que, ao invés de acougar, desasosega o ánimo de afrontar a crisis da língua e nos fai olvidar a crisis maior, a crista dos rendeiros cuatrocenteiros, e a perspectiva de que no futuro fagan mais curto o palilleiro e boten todos os beatos de torrentes nas celas, escondendo-os trás o muro de um forte pelotón, sorvendo auga fresca à sombra de um  piñeiro e disimular por asimilar o lazareto em que o Luis quer poñar a dinastia do ilustre conde.
Rosas e cravos, flores e espiños, é o que se fuciña na tagarela do dia de hoxe, pra coller, expurgar e innovar, na corrente de um raso córrego, a alma de unha nova escola.

No hay comentarios:

Publicar un comentario