Será que o governo da xunta galega no tem outra cousa que fazer se non é encrencar co governo da España, o seu governo democrático pólas urnas e póla vontade de todos os españois, incluindo este esparramado parroquiano que vos escreve. Pero que conclusión farruqueira foi esa que lles fai parecer que o governo central fai todo o posível para que a Galícia suma do mapa financeiro? Faime pensar que alguns pensan con cabeza de miñoca e eu, pensan , sou o rabo .
Din que existe miñocas com dua cabezas. Ahí eu pergunto ao meu governo de cal lugar vos estades, do lado da boca ou do lado do cu? Pois é, eu quero saber para entender cual é o meu lado no corpo dunha miñoca de dua cabezas. !Pois si! Sendo do lado do ano, tardarei um bocado em ir ao dentista. Se for do lado da boca, eiqui está miña língua pra berrar ladaiñas na roda da prensa.
Se a lei de caixas galegas rubricadas ao capricho da xunta é meior que a lei rubricada pólo presidente e o rei da España, por qué teme o señor Rueda que o señor Manuel Chaves leve ao Constitucional o decreto galego que queima duas caixas pra côa sua madeira construir unha mais feiña e mais porqueira que a soma das outras duas. Donde está a preocupación pólo emprego e as perspectivas de solución ao desempregado galego.No son eles, os da xunta, os que se xuntan para arrancar do mapa a figura respeituosa do traballador galego?
Vamos, vamos, meu señor Rueda e miña señora Marta Currás, vos aporreñades o governo central e despois corredes aos médios amosando .disposición de lamurio por conta de non ser atendidos en vosos caprichos infantis. Non sabedes como os nenos baten pernas e brazos e choran ata conseguir o intento do seu capricho? Conseguido, todos o sabemos, xógano fora ou, como o vello que corre atrás de unha moza, cando a alcanza descobre que non sabe porque correo.
Prioridade, meus señores! A prioridade consiste em facer primeiro as cousas primeiras, despois as cousas do segundo lugar e así por diante. Vos xá estadades nas últimas e ainda non descubríchedes o cheiro das primeiras prioridades. !Así no es posible! !Nunca terminaremos nada, porque para terminar es imprescindible haber empezado, continuar en el camino y al final alcanzar la meta propuesta. Nonsí?
No hay comentarios:
Publicar un comentario