jueves, 27 de enero de 2011

REGAZZO

Na primeira volta da rotonda eu cheguei ao viradoiro e, axiña, depois de unha xirada de cara para onde miraba o rego, deparei no bo sentido que mostraba a letra cu, e puxeme a patear pólas corredoiras da vida, cara o cume e alí praticar un meresido stop pra, das alturas, espreitar o demo a orvallar côa su leria nas leiras do condado.

Na vigorna dos meus ouvidos jamais asperxen parolas feias. Filtranas as miñas orellas co o seu grade portal a acobillar calquer son que a naturesa teña criado, sempre e cando, allo mais, allo menos, as criara côa santa intensión de fazer desta terra o que deus fixo no céu, e non o rebordelo que o demo xá vai canso de faser nas carballeiras de este fragoso inferno. E non pense vostede ke o ke eu digo digo-o supurando esencia de espúreo diferencialismo, transfigurado en pura dialética, argallada en aras de regañar os dentes a um enxebre dialetismo parroquial, donde o uso ferroso do anagramatismo coloquial tonifica o ar ao redor do conservador das colleitas dos diaforético e resolutivos sabugos de millo.

O rato roeu o rei de Roma cando a cabra foi ao monte. Penso que foi o que eu entendi o ke acabra de dise-lo o conde, loando o Señor. O ke eu xá non che entendo é o ke ten a ver allos com bugallos nen os cornos con a cu. Do xeito que eu pateo meus solilóquios a solo, na soleda do solo abrasador, moi lonxe do salferido alento da costamorta, onde un ferreteiro, por min antes apreciado e respeitado, fogueteou ata a desesperasión o amor à parroquia de seu inxenuo cuñado, nin a pata consegue pactar.

Se chove ande a modo, use o regochuva ou gardese no agasallo do lar. Tirar ao monte pode sair caro. É o lugar preferido para o fogueteo das chispa e tamen o trono dos raios. Cando espetan na cabesa, ulalá!, dói ke dói, e inda ke ben regado con auga da fina choiva, non tem regazzo que non escorregue no riego ke brota nas fontiñas da morriña. .  

No hay comentarios:

Publicar un comentario